OBXETIVO

O servizo de axuda o fogaro consiste en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia nopropio domicilio para facilitar o seu desarrollo y a permanencia no seu medio habitual. Os seus obxetivos son :

  • Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias - Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
  • Favorecer e potenciar a autonomía persoal no seu propio domicilio.
  • Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
  • Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
  • Retardar ou evitar a institucionalización.
  • Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

ATENCIONS PERSOAIS

Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no seu propio domicilio: - Asistencia para levantarse e deitarse

  • Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
  • Control do réxime alimentario e axuda, se é necesario, para alimentarse.
  • Supervisión, cando cumpra, das rutinas de administración de medicamentos prescritos por facultativos.
  • Apoio para cambios posturales, mobilizacións, orientación espazo-temporal.
  • Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia
  • As atencións que sexan precisas para prestar unha atención integral á persoa usuaria.

ATENCIONS DOMÉSTICAS

Atencións das necesidades de carácter doméstico e da vivenda que incidan e axuden na mellora do contorno das persoas usuarias e da súa familia:

  • Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda
  • Compra de alimentos e outros produtos de uso común - Preparación de alimentos
  • Lavado e coidado das pezas de vestir
  • Coidados básicos da vivenda

ACOMPAÑAMENTO

Acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria, tales como apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial ou similares, así como o seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.

ATENCIOES PSICOSOCIALES

Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade, así como á mellora da estruturación familiar.

APOIO

O conxunto de atencións do servizo de axuda a domicilio terá un carácter de apoio e non sustitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu medio inmediato, de forma que se facilite e promova a súa autonomía.